Free Panda Cursors at www.totallyfreecursors.com

jueves, 4 de diciembre de 2014

A nosa historia


Había unha vez un home que quería subir o gran volcán  da Illa dos Afogados. Iniciou a súa viaxe no principio do verán, cando rematou achegouse ata Florida, concretamente ó punto do triángulo das bermudas máis próximo a illa. Dende ese día comezou a facer realidade o soño do seu avó, subir ao alto do volcán de Hades.

   A súa viaxe comezara no avión, e logo no barco. No avión, tivo unha boa viaxe, pero no barco… ducias e ducias de mariñeiros borrachos como se o mesmo Dionisio pasara por alí con litros e litros de viño. A sua viaxe complicouse aínda máis cando adentrouse no Triángulo das Vermudas: pareceulle ver a Neptuno pero achacouno ao viño cando unha gran ola azotou o barco. espertou nunha fermosa praia de area fina, auga cristalina e altas palmeras.

   O noso protagonista votouse a chorar ata que de súpeto deuse a volta e entre toda esa vexetación levantouse ante el un enorme volcán. Seguiu chorando, pero esta vez, de alegría. “A sorte levoune a parar xusto na Isla na que cumplirei a miña meta e a do meu avó!”, pensou.
Días máis tarde, estaba cansado, pois nesa última semana pasaran tantas cousas… “Fixen un campamento, busquei comida, encontrei a miña meta, estiven ó borde da morte…”. O día siguiente, comezou a súa tremenda proeza. Cruzouse con tipos de animais impresionantes e extraño sque nin sequera sabía da súa existencia. Parecían obras extrañas de Diana, a deusa grega.

      Xa estaba a puntiño de chegar o pé, do volcán cando algo avalanzouse contra el e pensou que eran indíxenas canívales deses das películas. Pero non, en relidade, eran os seus irmáns, ¡querían arrebatarlle o seu soño! A partir de ahí, foi unha batalla campal que o xogo, o tempo e as adversidades decidaran quen sería o gañador.


Mentres tanto os Deuses do Olimpo divertiranse poñendolle probas e ríndose deles todo o que poidan ata que soamente quede un gañador.

2 comentarios: