Free Panda Cursors at www.totallyfreecursors.com

miércoles, 28 de enero de 2015

Diario de Sesións 28/1/2015

Nesta sesion tivemos que describir cientificamente dous animais.


I e A : Traballaron ben co leorpardo cunha información non tan extensa. 9

P e M: Traballaron tamén ben sobre a cebra con información moi extensa 9,75

O leopardo (Panthera Pardus)

O LEOPARDO

O leopardo é un animal da familia Felidae e da especie P. pardus.
O leopardo é un elegante e forte felino emparentado cos leóns, os tigres e os xaguares.

Os leopardos son animais carnívoros, cazan preferentemente pola noite e acostuman a pasar o día durmindo entre a vexetación, en covas doutros animais ou, a miúdo, sobre a rama dunha árbore a que trepan con axilidade a pesar do tamaño que posúen. O leopardo séntese tan cómodo nas árbores que adoita levar as súas presas ás ramas. Así, os mantén fóra do alcance de preeiros.Tamén caza dende as ramas das árbores, onde grazas ao seu colorido se camufla á perfección entre as follas. Os leopardos son bos nadadores e tamén se sinten moi cómodos nese medio,onde as veces cazan peixes ou caranguexos.

O leopardo é activo as vinte catro horas do día; pode estar activo en calquera momento, sexa de día, de noite, ao escurecer ou amencer. En estudos onde se utilizaron colares con raio, os exemplares estudados mantivéronse en movemento arredor do 50% do tempo, mentres que unha nai con cachorros demostrou estar activa un 75% do tempo.

Para o leopardo, a árbore é á vez onde descansa, dende onde visualiza e caza a súa presa e onde almacena a súa comida. Dende o alto da árbore, o leopardo pode tender unha emboscada ás súas presas e tamén deixar a comida fóra do alcance dalgúns preeiros.

As femias poden ter cachorros en calquera época do ano. Normalmente son de cor agrisada con moutas apenas visibles. A nai esconde os seus cachorros e transpórtaos dun lugar seguro a outro ata que son o suficientemente maiores para xogar e aprender a cazar. Os cachorros viven coa súa nai durante aproximadamente un ano, o resto da súa vida compórtanse de forma solitaria.
están caracterizados por unha modificación no oso hioides que lles permite ruxir.
















Leopardo en un árbolEl Leopardo (Panthera pardus)

lunes, 26 de enero de 2015

Cilivizacións



Preguntas sobre as civilizacións

1. Onde se sitúan os xardíns colgantes?
a) En Grecia.
b) En Babilonia.
c) En Uruk.

2. Cales son os tipos de tumbas exipcias?
a) Pirámides con labirintos e trampas.
b) Grandes templos usados como cementerios.
c) Pirámide en chanzos, apoxeo, pirámide e a mastaba.

3. Onde se acuñou a primeira moeda?
a)En Grecia.
b)En Fenicia.
c)En Exipto.

4.Que tipos de columnas existían na antigua Grecia?
a)A xónica, a corintia e a dórica.
b)A xónica, a clásica e a helenística.
c)A clásica, a dórica e a gótica.

5.Quen edificou a primeira colonia en Cádiz?
a)Os espartanos.
b)Os atenienses.
c)Os fenicios.

6.Cómo era a sociedade en Atenas?
a)Estaba dividida en: escravos, comerciantes e cidadáns sen dereitos.
b)Estaba dividida en: escravos cidadáns sen dereitos e cidadáns.
c)Estaba dividida en: escravos, cidadáns sen dereitos e o rei.



HESTIA


Esta é Hestia, a deusa da arquitectura e do fogar. Na imaxe sae cun recipiente e detro hai lume. Ten o pelo louro é tamén ten os ollos marróns. Ten unha túnica negra. E no seu rostro nótase unha pequena sonrisa.

viernes, 23 de enero de 2015

Diario de sesións 23/1/2015.

Hoxe en clase buscamos información sobre os deuses.

M:Buscou información sobre un deus,fixo a súa desccrición e axudou a P a correxir.9,75

P:Fixo a descrición dun deus e axudou a M a correxir.9,75

I:Corrixiu en galego información sobre os deuses:9,75

A:Fixo o mesmo que I.9,75

Dionisio


Este é Dionisio, o deus do viño. Ten un cabelo medianamente longo, unhas orellas moi finas e alongadas, unha expresión de desagrado e uns ollos pequenos e estirados. Ten unha nariz redondeada. Boca longa e barba moi peluda e máis ou menos lisa.Ten os músculos un pouco marcados. Leva unha roupa de cor marrón. E está rodeado de viño e uvas.


jueves, 22 de enero de 2015

Zeus

Zeus é o Deus dos raios e a tormentas.

Resaltando o seu vello na cabeza, ten un pelo liso e medianamente longo.  Posue unha barba riza e canosa.

 Entre todo o pelo da súa cara distinguese: as súas grandes cellas de cor branca  e máis a súa longa e enrugada nariz. Os seus ollos, case sempre pechados pola forma arrugada da súa cara, son azuis coma o ceo e as noites. En proporción co seu labio superior o inferior e xigante pero ainda así  a súa boca é pequena.

       Sobre a súa cabeza resalta a coroa de loureiro que ten por ser, ademais de deus, o Rei do Olimpo. 
 Respecto ao seu corpo, tiña fortes músculos e veas moi marcadas.

      Adoita ter raios cos cales de ouro crea as desgrazas ou as gratas sorpresas.