Free Panda Cursors at www.totallyfreecursors.com

viernes, 23 de enero de 2015

Diario de sesións 23/1/2015.

Hoxe en clase buscamos información sobre os deuses.

M:Buscou información sobre un deus,fixo a súa desccrición e axudou a P a correxir.9,75

P:Fixo a descrición dun deus e axudou a M a correxir.9,75

I:Corrixiu en galego información sobre os deuses:9,75

A:Fixo o mesmo que I.9,75

Dionisio


Este é Dionisio, o deus do viño. Ten un cabelo medianamente longo, unhas orellas moi finas e alongadas, unha expresión de desagrado e uns ollos pequenos e estirados. Ten unha nariz redondeada. Boca longa e barba moi peluda e máis ou menos lisa.Ten os músculos un pouco marcados. Leva unha roupa de cor marrón. E está rodeado de viño e uvas.


jueves, 22 de enero de 2015

Zeus

Zeus é o Deus dos raios e a tormentas.

Resaltando o seu vello na cabeza, ten un pelo liso e medianamente longo.  Posue unha barba riza e canosa.

 Entre todo o pelo da súa cara distinguese: as súas grandes cellas de cor branca  e máis a súa longa e enrugada nariz. Os seus ollos, case sempre pechados pola forma arrugada da súa cara, son azuis coma o ceo e as noites. En proporción co seu labio superior o inferior e xigante pero ainda así  a súa boca é pequena.

       Sobre a súa cabeza resalta a coroa de loureiro que ten por ser, ademais de deus, o Rei do Olimpo. 
 Respecto ao seu corpo, tiña fortes músculos e veas moi marcadas.

      Adoita ter raios cos cales de ouro crea as desgrazas ou as gratas sorpresas.

Diario de sesións 22/1/15

Hoxe traballamos moi ben, todos merecemos un dez:
M.- Escribiu e dictou a P. para facer a ficha de Susana.
I.- Fixo a descricion dun deus.
A.- Fixo, tamén, a descricion dun deus.
P.- Dictou a M. e fixo a ficha de Susana.

Poseidón


Poseidón é o Deus do mar. Ten o pelo moi loooooongo, e unha  barba coa mesma cualidade. Ademais diso, o seus cabelos son lisos e brancos coma a escuma. Na súa cara, resalta o seu gran nariz e máis a súa longa e enrugada frente. Os ollos, case sempre cerrados pola súa cara enrugada, son azuis coma o ceo e o mar. Ten unha boca pequena  rodeada co canoso pelo e barba. Posúe fortes músculos e veas moi marcadas. Adoita ter un tridente afiado e de ouro macizo co cal crea desgrazas ou gratas sorpresas. A pesares de non ter pernas e non poder camiñar, isto non é de gran impotancia xa que no mar reina os peixes e as sirenas, que teñen a súa mesma cola.

miércoles, 21 de enero de 2015

Diario de sesións 21/01/15

Diario de sesión do 21/1/15

Hoxe tiñamos como obxectivo facer o documento de word que nos envioú Susana ,etiquetar as cousas.
M.- Traballou mellor, Fixo as etiquetas e leu o blog para informar ao grupo.9
I.-Completou a historia de equipo e fixo unha parte da ficha que nos madou Susana.9'75
A.- Correxiu a historia que fixo I. e completou a ficha de Susana.9'75
P.- Axudou a M. a etiquetar as cousas e etiquetou algunhas. Tamén axudou a completar a ficha de Susana.9'75

Descricion Ficha

LINGUA GALEGA 1º ESO
A DESCRICIÓN
1-   DEFINICIÓN: Consiste en explicar de forma detallada e ordenada como é un ser, un lugar ou fenómeno do mundo real ou do ficticio presentando os seus trazos característicos para dar unha idea fiel deles.

2-   TIPOS DE DESCRICIÓN:
1.- Segundo a actitude da persoa emisora:
F  Obxectiva: Informase con precisión, axustándose a realidade e sen realizar valoracións persoais facendo unha enumeración precisa dos elementos e das súas características, usando un vocabulario obxectivo e eliminando os recursos estéticos.
F  Subxectiva: Infórmase do escrito introducindo sensacións, emoción e sentimentos de quen describe coa pretensión de idealizar, deformar ou transmitir as impresións producidas no emisor. Utilízase un vocabulario non obxectivo e poténciase o uso de recursos estilísticos.

2.- Segundo a finalidade do texto:
F  Descricición literaria: O autor ou autora ten a intención de transmitir a súa maneira persoal de ver as cousas mediante un punto de vista subxectivo, unha característica importante del é que utiliza abundantes recursos literarios.
F  Descrición científica ou técnica Expresase de maneira obxectiva e coa maior exactitude e claridade posible as caracteristicas do que se quere describir.
F  Descrición xornalística:Preséntase a descrición de sucesos con finalidade informativa.

3.- Segundo o que se describe :
Descrición de persoas. Cando describimos persoas podemos centrarnos no seu aspecto físico, en cuestión de tipo moral ou psicolóxico ou facer ambas cousas a un tempo.
Descrición de lugares :(Topografía).
Descrición de obxectos ou animais :(Zoografía).
Descrición dun período de tempo caracterizando os elementos sociais e culturais dese período(Cronografía).

3.-   CARACTERÍSTICAS DOS TEXTOS DESCRITIVOS :Son abundantes os sustantivos e tamén os adxectivos.A comparación é un recurso que aparece con frecuencia nos textos descritivos.Outro aspecto relevante é a correcta utilización dos signos de puntuación.

4-   COMO SE FAI A DESCRICIÓN DE PERSOAS :1. Non se pretande ser obxectivo nin preciso. 2. Danse unhas pinceladas que axudan a imaxinar como é o personaxe no seu aspecto interno.

5-   COMO SE FAI A DESCRICIÓN DE ESPAZOS :1.Vai ser obxectiva ou subxectiva 2.Vai ser unha descrición literaria,xornalística ou científica 3.Cal é a súa finalidade.