O LEOPARDO
O leopardo é un animal da familia Felidae e da especie P. pardus.
O leopardo é un elegante e forte felino emparentado cos leóns, os tigres e os xaguares.
Os leopardos son animais carnívoros, cazan preferentemente pola noite e acostuman a pasar o día durmindo entre a vexetación, en covas doutros animais ou, a miúdo, sobre a rama dunha árbore a que trepan con axilidade a pesar do tamaño que posúen. O leopardo séntese tan cómodo nas árbores que adoita levar as súas presas ás ramas. Así, os mantén fóra do alcance de preeiros.Tamén caza dende as ramas das árbores, onde grazas ao seu colorido se camufla á perfección entre as follas. Os leopardos son bos nadadores e tamén se sinten moi cómodos nese medio,onde as veces cazan peixes ou caranguexos.
O leopardo é activo as vinte catro horas do día; pode estar activo en calquera momento, sexa de día, de noite, ao escurecer ou amencer. En estudos onde se utilizaron colares con raio, os exemplares estudados mantivéronse en movemento arredor do 50% do tempo, mentres que unha nai con cachorros demostrou estar activa un 75% do tempo.
Para o leopardo, a árbore é á vez onde descansa, dende onde visualiza e caza a súa presa e onde almacena a súa comida. Dende o alto da árbore, o leopardo pode tender unha emboscada ás súas presas e tamén deixar a comida fóra do alcance dalgúns preeiros.
As femias poden ter cachorros en calquera época do ano. Normalmente son de cor agrisada con moutas apenas visibles. A nai esconde os seus cachorros e transpórtaos dun lugar seguro a outro ata que son o suficientemente maiores para xogar e aprender a cazar. Os cachorros viven coa súa nai durante aproximadamente un ano, o resto da súa vida compórtanse de forma solitaria.
están caracterizados por unha modificación no oso hioides que lles permite ruxir.
No hay comentarios:
Publicar un comentario